Xoves. 08.12.2022
El tiempo

Os centros de ensino da Laracha recuperan este xoves a cita coa Limpeza da praia de Caión

Grupo escolar de Fisterra na Limpeza de Praias
Grupo escolar de Fisterra na Limpeza de Praias
Os centros de ensino da Laracha recuperan este xoves a cita coa Limpeza da praia de Caión

O pasado mes de outubro tivo lugar a Limpeza Simultánea de Praias. Daquela recolleron case 1 tonelada de lixo máis dun milleiro de persoas pertencentes a 30 entidades en todo o país, entre as que estiveron varios centros de ensino de Muros (EEI de Muros, CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío), así como o Concello e os centros de ensino de Fisterra.

Escolina de Muros na Limpeza das Praias de ADEGA 2022
Cativada da Escoliña de Muros na Limpeza das Praias de ADEGA

Tiñan previsto participar os CEIP de Caión, CEIP Alfredo Brañas (Paiosaco) e Otero Pedrayo (A Laracha), pero as previsións meteorolóxicas daquela fin de semana propiciaron o seu adiamento.

Será esta semana cando os centros laracheses retomen a actividade de concienciación directa á nosa rapazada da necesidade de coidar o noso medio ambiente. “Non hai mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día”, explican dende o centro.

A cita será este xoves 10 de novembro, a partir das 11:00h na praia de Caión. Coa colaboración do Concello e de ADEGA, asistirán as crianzas de 5º e 6º do CEIP Alfredo Brañas, e os de 6º curso do CEIP Ramón Otero Pedrayo, asi como o CEIP de Caión ao completo.

O centro anima a toda a sociedade a colaborar, e poden apuntarse no 881880694 ou en [email protected]

LIMPEZA PRAIAS 2022

comentarios