Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Os centros escolares da Laracha limparán a praia de Caión

LIMPEZA PRAIAS 2021 (BAIXA)
Os centros escolares da Laracha limparán a praia de Caión

O vindeiro venres 15 de outubro o CEIP de Caión coordinará e colaborará na limpeza de praias organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia os días 15 (para centros educativos) e 16 de outubro. A recollida comezará ás 10:00 e terá unha duración de 3 horas, aproximadamente.

Nesta edición volverán a contar coa colaboración e implicación do alumnado de outros centros do Concello. Así asistirán as crianzas de 5º e 6º do CEIP Alfredo Brañas, de Paiosaco e os de 6º curso do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha.

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente.

Comentarios