Luns. 07.10.2024
El tiempo

Coiro ofrece un raio de sol coa Feira do Libro

Feira do Libro do Raio de Sol de Coiro-Laracha do 2023
Imaxe da feira do ano pasado
Coiro ofrece un raio de sol coa Feira do Libro

Un raio de sol no panorama cultural de Bergantiños supón a programación que trae Azu Iglesias, xerente do Cafe Bar Raio de Sol. Este vindeiro domingo 15 de setembro, o Cafe de Coiro, nA Laracha, acolle a III Feira do libro, que contará con 5 autores que presentarán as súas obras e poderán asinar exemplares. O evento comezara as 16:30, as presentación comenzaran as 17:15.

Feira do Libro Coiro Raio de Sol

Este ano estarán en Coiro, Alberto Pombo, poeta do Val de Loureda e mestre no IES Rafael Dieste da Coruña (un dos grandes culpables da exitosa campaña de normalización “Aquí tamén se fala galego”), presentando “Verso e acorde, relacions entre literatura galega e música pop (1950-2000)”.

Tamén estará Natalia Monje, historiadora e periodista herculina, responsable de comunicación de Ecos do Sur, presentando a sua novela de horror folk “Los santos salvajes”.

O poeta carballés Ramón Sánchez presentará “Animalgama”,, libro de poesía infantil ilustrado, e outros traballos seus.

Alex Pernas, enxeñeiro informático coruñés, falará dos seus traballos “Xarfas”, “ A paga” e “De entre as tebras”.

E tamén estará Xurxo Souto, coñecido por todos, agora mestre de secundaria en Carballo, presentara o su ultimo libro “Somos un pobo de artistas”.

Máis novas

Comentarios