Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Ramón Sánchez achega a poesía á rapazada co seu novo poemario ilustrado "Animalgama"

Ramón Sánchez_Animálgama
Ramón Sánchez achega a poesía á rapazada co seu novo poemario ilustrado "Animalgama"

Novo libro do poema carballés Ramón Sánchez. Temos falado de ”Vagar de náuseas” e de ”Descender pola nádega da montaña”, e hoxe contamos como é “Animálgama”, un libro infantil composto por 9 poemas, sempre cos animais como protagonistas, ilustrado por Lucía Barrios.

O libro, editado pola ourensá Antela Editorial, narra historia na súa maioría disparatadas, hilarantes, e en moitos casos ata irreverentes, creando un ambiente divertido, achegando a poesía á rapazada dun xeito diferente.

”En Animálgama podemos atopar un caracacol que, montado nun patinete, corre mil peripecias para chegar á súa cita cunha limacha; tamén a catro galiñas que devecen por voar como as aguias e farán o posible e o imposible por conseguilo (lograrano?); unha píllara que se fai amiga dunha onda travesa; un feixe de bichos cheiróns que traballan nunha fábrica de perfumes; sete animais que están fartos de cousas que se cren sobre eles e que non son certas, e convocan a toda a cidade para desmentilas... e outras historias máis que invito ás e ós lectores, grandes e pequenos, a que descubran por elas e eles mesmos”, cóntanos o propio autor.

Xa te podes facer cun exemplar nas librarías do país e na web da editorial.

Ramón Sánchez_Animálgama-ANIMALGAMA

Ramón Sánchez

Este carballés (1975) é músico e poeta, autodidacta. Como músico ten formado parte de diferentes grupos entre os que cabe destacar Traboute, co que edita tres discos de estudio. No eido da poesía obtén diversos recoñecementos en certames celebrados por toda Galicia. Algúns deses poemas son recollidos en posteriores antoloxías. Tamén publica na rede “Enxeñería efémera”, unha sorte de trece pezas visuais nas que conxuga imaxe, palabra e música. En 2020 ven a luz os seus dous primeiros libros de poemas, “Descender pola nádega da montaña” e “Vagar de náuseas”. “Animálgama” é a súa primeira achega ó libro infantil.

Máis novas

 

Comentarios