Venres. 04.10.2024
El tiempo

O videopoema homenaxe a Alexandre Nerium pasa á final do Maldito Festival

Marilar Alexandre e Alberto Pombo na praia da Langosteira durante a rodaxe- Foto Sara Prieto
Marilar Alexandre e Alberto Pombo na praia da Langosteira durante a rodaxe- Foto Sara Prieto
O videopoema homenaxe a Alexandre Nerium pasa á final do Maldito Festival

Xa o viramos en QPC vai uns meses, pero o videopoema de Marilar Alexandre e Alberto Pombo que homenaxea ao poeta fisterrán Alexandre Nerium, segue dando que falar.

Así, o Maldito Festival de videopoesía acaba de anunciar a súa selección para este ano e “Un peixe é un peixe é un peixe” está entre as 17 pezas escollidas da sección oficial de entre case 300 de 41 países e 21 linguas presentadas.

A final será en Albacete no Teatro Circo no día 15 de novembro. E estará en Filmin desde o 16.

O texto e o vídeo, que pretenden recoller o mundo do mar do litoral galego, foron creados para o Hotel literario Belafisterra, agora que Marilar Aleixandre é madriña temporal do cuarto Marea Viva. O hotel xa creara un antes, na inauguración, xunto con outra Premio Nacional de Poesía como Yolanda Castaño.

Comentarios