Comezaron as obras do Skatepark da Laracha

07:52 09/06/22
Ían comezar a comezos de abril, pero finalmente, as obras do parque de patinaxe Skatepark non puideron comezar ata onte. A parte posterior do IES Agra de Leborís, onde o Concello está a crear unha nova e importante área deportiva, é a zona escollida para o parque.
Este ambicioso e novidoso proxecto, no que o Concello investirá 155.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais, promóvese coa finalidade de ofrecer unha nova alternativa para o ocio e a práctica deportiva especialmente dirixida ao público adolescente e xuvenil. O Skatepark disporá de diferentes tipos de planos inclinados e costas, e contará, ademais, cunha fonte de auga potable e iluminación en báculos e proxectores simétricos LED.
