Martes. 05.07.2022
El tiempo

As obras do skatepark da Laracha comezarán nos próximos días

Skate Park A Laracha
Así é o proxecto do skatepark da Laracha
As obras do skatepark da Laracha comezarán nos próximos días

Formalizouse onte o contrato de execución do proxecto de construción do SkatePark que o Concello da Laracha vai construir na parte posterior do IES Agra de Leborís.

O Concello investirá 155.000 euros procedentes integramente de fondos municipais sendo a adxudicataria a empresa Zona de Obras O Rosal S.L.

Así, as obras comezarán nos vindeiros días, para completar a zona deportiva do instituto despois da recente construción das pistas polideportivas.

Skate Park A Laracha no IES Agra Leboris
A zona onde irá o skate park

O Skatepark disporá de diferentes tipos de planos inclinados e costas para ofrecer un amplo abano de posibilidades de movementos, piruetas e acrobacias para as diversas disciplinas. Contará, ademais, cunha fonte de auga potable e iluminación en báculos e proxectores simétricos LED, polo que o proxecto contempla as correspondentes canalizacións dos servizos de abastecemento e electricidade, ademais da recollida de pluviais para evitar a acumulación de auga de choiva na pista.

comentarios