Sábado. 02.11.2024
El tiempo

O Concello da Laracha abre unha canle de comunicación coa veciñanza vía WhatsApp

Avisos Concello Laracha Whatsapp
O Concello da Laracha abre unha canle de comunicación coa veciñanza vía WhatsApp

Só tes que enviar por Whastapp a mensaxe “Alta” ao 628877667 (ou pinchar nesta ligazón) para recibir as novidades do Concello da Laracha. O Concello pon en marcha un novo servizo de comunicación municipal a través da aplicación WhatsApp para informar directamente sobre novas, avisos, actividades e eventos de interese no ámbito municipal.

Cabe salientar que as persoas que se dean de alta non pasarán a formar parte de ningún grupo, polo que a súa privacidade estará garantida. No caso de que un usuario desexe deixar de recibir as comunicacións por WhatsApp, simplemente deberá enviar unha mensaxe coa palabra “Baixa”.

O Concello da Laracha considera que esta iniciativa abre unha nova canle de comunicación directa e inmediata coa cidadanía, permitindo ademais aproveitar as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías e do xeito máis cómodo posible para as persoas usuarias, xa que se emprega a aplicación de mensaxería instantánea máis usada na actualidade.

Este servizo de información por WhatsApp é unha canle unidireccional, polo que os usuarios soamente recibirán mensaxes. Non se empregará para atender reclamacións, preguntas ou suxestións, permanecendo habilitadas para tal fin as canles tradicionais do Concello (teléfono 901605001, web www.alaracha.gal e presencialmente na propia Casa Consistorial).

Comentarios