Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Concello da Laracha e a Deputación estudan como humanizar a Avenida Doutor López Astray

O Concello da Laracha e a Deputación estudan como humanizar a Avenida Doutor López Astray

Importante reunión de traballo a celebrada onte no Concello da Laracha para estudar as posibilidades de transformación da Avenida Doutor López Astray, o tramo urbano da estrada provincial DP-1913 ao seu paso pola capital municipal.

O alcalde presentoulle ao vicepresidente da Deputación a proposta do Concello, xa plasmada nun anteproxecto, coa que pretende converter a céntrica rúa “nun lugar máis accesible e habitable para a cidadanía larachesa, no que se optimice o equilibrio entre os peóns e os vehículos e no que os plataneiros, as árbores protexidas existentes a ambas marxes, sexan conservadas e gañen protagonismo quedando perfectamente integradas no entorno”.

O Concello quere unha plataforma única, deixando un único sentido para os vehículos (dirección saída da Laracha) , dúas zonas de aparcamento e unhas amplas zonas peonís. Consideran que pode supoñer un investimento de 1,3 millóns de euros, pero que “impulsaría a actividade económica da zona, ao mesmo tempo que se aumentaría a seguridade viaria”.

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, explicou durante o encontro que “precisamente estamos estudando a adaptación das vías provinciais, que están deseñadas para outras épocas e para outros modelos, cara a un modelo de cohexistencia de usos, dando cabida ao tráfico rodado pero tamén prestando especial atención aos desprazamentos peonís en condicións de seguridade”. Neste sentido, Xosé Regueira lembrou que “hai tramos de vías provincias que orixinariamente foron deseñados como estradas e que a día de hoxe funcionan como travesías urbanas, polo que precisan actuacións de mellora acordes coa súa función actual”.

Bolsas

Noutra orde de cousas, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publicana onte os dous programas de axudas para estudantes convocados polo Concello da Laracha e aos que se destinan un total de 75.000 euros procedentes dos fondos municipais.
Por unha parte está a habitual convocatoria de axudas ás familias para a o material escolar dos seus fillos (con contías 125 euros a 300 euros segundo o nivel de estudos).
Pola outra, as axudas para a adquisición de material informático ao longo do 2021, con contías de 200€.

Comentarios