luns. 05.05.2025
El tiempo

O Concello da Laracha lembra a obrigatoriedade de manter limpas as parcelas das zonas urbanas

Diptico informativo sobre as parcelas da Lei de Montes do Concello de Curtis
Diptico informativo sobre as parcelas da Lei de Montes do Concello de Curtis
O Concello da Laracha lembra a obrigatoriedade de manter limpas as parcelas das zonas urbanas

A Lei do Solo de Galicia establece o deber legal dos propietarios dos terreos situados en zonas urbanas de mantelos ao longo de todo o ano en bo estado de conservación e nas condicións óptimas de seguridade, salubridade e ornato público. 

En cumprimento desa normativa, o Concello da Laracha, así como algún outro concello da bisbarra como Vimianzo, Ponteceso... desenvolve cada ano unha campaña informativa con especial incidencia na primavera e no verán por tratarse das épocas de maior crecemento da biomasa.

No bando municipal distribuído polo Concello exponse o texto da normativa e solicítase a colaboración das persoas propietarias de terreos, parcelas e solares nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión para mantelos en bo estado de conservación. Así mesmo, lémbrase que en caso de incumprimento a administración municipal poderá proceder á execución subsidiaria dos traballos de limpeza, repercutindo os custes nos titulares dos terreos e sen prexuízo da apertura do correspondente expediente sancionador.

O Concello agradece á veciñanza a súa implicación e sensibilización con estas obrigas, dado que por norma xeral ditos labores se acometen en tempo e sen necesidade de notificación previa.

Máis novas

Comentarios