Domingo. 23.02.2020
El tiempo

Laracha artellou unha nova reunión da mesa de coordinación policial contra a violencia de xénero

A Mesa contou coa participación da directora do CIM, o xefe da Policía Local e o comandante de posto da Garda Civil da Laracha.
A Mesa contou coa participación da directora do CIM, o xefe da Policía Local e o comandante de posto da Garda Civil da Laracha.
Laracha artellou unha nova reunión da mesa de coordinación policial contra a violencia de xénero

A Mesa de coordinación policial contra a violencia de xénero reuniuse onte, martes 28, no Salón de Plenos da Casa do Concello da Laracha, contando con representación municipal nas figuras da directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM), Ana Aldao, e do xefe da Policía Local, Víctor Vilanova, e tamén coa presenza do comandante de posto da Garda Civil da Laracha, Víctor Manuel Palmeiro.

A xuntanza comezou repasando os acordos da reunión anterior e revisando as ordes de protección. Tamén se abordaron as altas e baixas do programa ATENPRO, o servizo telefónico de atención e protección para mulleres que sofren violencia de xénero.

Ademais, do mesmo xeito que se fixo a semana pasada na mesa sectorial de colaboración interinstitucional contra a violencia de xénero que aglutina aos profesionais da sanidade e da educación, a directora do CIM explicou os compromisos que asume o Concello ao incorporarse o corpo da Policía Local da Laracha ao sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero (sistema VioGén) e expuxo os recursos didácticos e programas nos campos da atención, detección e prevención que os profesionais dos diferentes corpos de seguridade teñen á súa disposición a través da Xunta de Galicia.

comentarios