Martes. 07.05.2024
El tiempo

Conta atrás para a Festa das Cereixas

cartel festa das cereixas Paiosaco 2023
Conta atrás para a Festa das Cereixas

A celebración gastronómica de maior relevancia e tradición de toda Laracha, a Festa das Cereixas de Paiosaco (Festa de Interese Turístico de Galicia), celebrarase na fin de semana do 1 e 2 de xullo.

O sábado 1 de xullo a festa comezará coa sesión vermú a cargo do grupo Puzzle, que tamén actuará na verbena nocturna que rematará coa Disco Móbil
Impacto e o DJ Roquiño. Á tarde, oitava edición do Aberto das Cereixas de billarda a cargo do Club Billarda Campo da Feira.

Xa o domingo, no propio día da Feira das Cereixas, a charanga dos Kilombertos de Monte Alto amenizará a xornada de feira. Na sesión vermú actuará o Dúo Charada.
A partir das 18:00 horas a Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco ofrecerá un espectáculo de música e baile tradicionais galegos.
Pola noite, a partir das 21:30 horas, porase o broche de ouro á Feira das Cereixas co concerto de Sés. A cantautora coruñesa, moi vinculada á comarca de Bergantiños, actuará por primeira vez no municipio por iniciativa do Concello, e será cos temas do seu último disco Diante un eco.

Ao remate do concerto haberá fogos artificiais. Ademais, a Comisión de Festas de Paiosaco está a ultimar unha derradeira actuación para a noite do domingo coa que se pechará o programa e que se anunciará en breve nas súas redes sociais.
 

Comentarios