Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Falece atropelado un operario mentres dirixiía o tráfico nunhas obras da Laracha

ambulancias recurso
Falece atropelado un operario mentres dirixiía o tráfico nunhas obras da Laracha

Un home de 64 anos faleceu esta mañá no municipio coruñés da Laracha tras ser atropelado mentres traballaba dirixindo o tráfico nunhas obras.

O suceso aconteceu arredor 8,30 horas, á altura do quilómetro 24 da AC-552. Testemuñas presenciais apuntan a que o home traballaba desviando o tráfico dunhas obras que se estaban realizando no municipio cando foi arroiado por un vehículo.

Mobilizáronse dúas ambulancias do 061, así como persoal sanitario do Centro de Saúde da Laracha, pero só puideron cerficiar a morte do home.

Comentarios