Unha falecida tras un atropelo na Laracha
- Unha persoa tivo que ser excarcerada en Camariñas
Esta mañá de martes, arredor das 8:00h, tivo lugar un atropelo mortal no lugar das Rañeiras, en Lestón (A Laracha). Unha muller perdía a vida tras ser atropelada, como só puideron cerciorar os membros de Urxencias de Galicia-061.
Para este operativo, os xestores do 112 Galicia informaron, ademais de aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Bergantiños, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha e aos operarios de conservación da estrada.
Accidente en Xaviña
Durante esta madrugada, un vehículo sufría unha saída de vía no quilómetro 15 da AC-432, en Camariñas. Eran as 2:00h cando un veciño alertaba do accidente, sinalando que non saíra ninguén do interior do vehículo. O 112 mobilizaba a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento das estradas.
Os Bombeiros tiveron que liberar á vítima que o persoal sanitario encargouse de evacuala ao centro hospitalario de referencia.
O alertador, un particular que chamou ao fío das 2 horas, explicou que o vehículo quedara nunha finca e non observaba a ninguén saíndo do seu interior.