martes. 22.04.2025
El tiempo

A feira "Horta na Laracha" refrenda ao Concello como referencia en materia hortícola

2024.07.24.- Presentación Horta da Laracha
Horta da Laracha foi presentada polo alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, e os representantes da cooperativa Cidadanía, encargada da xestión da programación.
A feira "Horta na Laracha" refrenda ao Concello como referencia en materia hortícola

A Laracha é un municipio de referencia en Galicia e España na produción hortícola, con profesionais e explotacións agrarias de alto nivel das que saen os produtos variados e de alta calidade.

Así o Concello refrenda esa posición coa sétima edición da Feira Horta na Laracha, que se desenvolverá entre o 3 e o 4 de agosto no campo da feira de Paiosaco,

O Concello porá as tradicionais casetas da feira a disposición das principais asociacións, explotacións agrarias e empresas que aportan valor aos produtos
da horta local para realizar exposicións e venda durante ambas xornadas, o sábado desde as 10:30 h e o domingo a partir das 9:30 h.

Comentarios