Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rueiros da Vila: A Romaría dos Milagres de Caión chega chea de actividades culturais

Rueiros da Vila: A Romaría dos Milagres de Caión chega chea de actividades culturais

A Romaría dos Milagres de Caión, festa catalogada de Interese Turístico de Galicia, celebrarase este mércores, 8 de setembro, día que precisamente por ese motivo é festivo local no termo municipal da Laracha.

E o Concello quixo realizar un completo programa chamado "Rueiros da Vila" que incluirá diversas actividades de diferentes temáticas e dirixidas a todos os públicos. Actividades que se desenvolverán nas Salseiras (zona verde xunto ao acceso principal á praia), Rueiro das Figueiras (Praza Virxe dos Milagres) e Patio (finca situada entre a igrexa parroquial e o paseo marítimo).

O programa das cinco xornadas dos Rueiros da Vila é o seguinte: 
Mércores 8
    •    Concerto: Battosai. 13:00 h. Escenario Salseiras.
    •    Espectáculo infantil e familiar: Circo Crunch de Muu! 19:30 h. Escenario Salseiras.
    •    Concerto: Matthew Ward. 19:30 h. Escenario Rueiro das Figueiras.

Xoves 9
    •    Concerto: Superfuzz. 13:00 h. Escenario Salseiras.
    •    Contacontos infantil con Charo Pita. 18:00 h. Escenario Rueiro das Figueiras.
    •    Concerto: Músculo! 21:00 h. Escenario Salseiras.

Venres 10
    •    Xornada de cultura urbana. 17:00 h. Escenario Salseiras.
    •    Concerto: María Goris Trío. 19:30 h. Escenario Rueiro das Figueiras.

Sábado 11
    •    Concerto: Dani Stoyka. 13:00 h. Escenario Salseiras.
    •    Actuación da Asociación Cultural Arume de Caión. 19:00 h. Escenario Salseiras.
    •    Concerto: Ailá. 21:00 h. Escenario Patio.

Domingo 12
    •    Concerto: Pakolas. 13:00 h. Escenario Salseiras.
    •    Concerto: Sheila Patricia. 21:00 h. Escenario Patio.

Rueiros da vila ten o seu propio perfil nas redes sociais Facebook, Youtube e Instagram (@rueirosdavilacaion) nos que se ofrecerá información puntual sobre todos os eventos que se desenvolverán nesas datas en Caión.
OS-RUEIROS-DA-VILA_cartel_Hoja-ruta Prensa Laracha

Comentarios