Gabenlle, punto de partida para a nova saída micolóxica da Laracha

Os montes e ríos da Laracha están no seu mellor momento para a aparición de cogomelos. Para aproveitalo Concello organiza a xornada micolóxica As setas da Laracha.
A 12ª edición celebrarase o sábado 25 de outubro. Constará dunha saída guiada ao monte para a recollida de setas pola mañá e, pola tarde, un obradoiro práctico de identificación e clasificación dos exemplares recolectados, a cargo de Raquel Poncini e Pablo Cuadrado, dous especialistas que levan anos acompañando este programa municipal.
O punto de encontro será a área recreativa de Gabenlle ás 10:00 h para realizar a saída ao monte e, xa pola tarde, ás 17:30 h, desenvolverase o obradoiro de clasificación na Casa da Cultura.
A inscrición, que é gratuíta, abre o luns da semana que vén, día 13 de outubro, ás 9:00 horas. Poderá facerse chamando ao teléfono do Concello (981605001) ou cubrindo o formulario dispoñible na web www.alaracha.gal e nas redes sociais municipais oficiais. Teñen preferencia as persoas que estean empadroadas no termo municipal da Laracha.
Outras xornadas