Luns. 29.04.2024
El tiempo

A infancia da Laracha ten moito que dicir, tamén no Parlamento

2023.11.28.- Foro Unicef-Parlamento de Galicia. Representantes A Laracha
Representantes A Laracha no Foro Unicef-Parlamento de Galicia.
A infancia da Laracha ten moito que dicir, tamén no Parlamento

O Plan da Infancia e Adolescencia da Laracha segue abrindo aristas para que as administracións escoiten a opinión Representaron ao Concello no acto celebrado hoxe doce conselleiros do Espazo de Participación da Infancia e da Adolescencia.das nosas crianzas. Unha das novas accións tivo lugar onte, no marco do XI Foro Infantil UNICEF-Parlamento de Galicia, no que participaron 13 concellos, entres os que estaba A Laracha.

Xunto co rexedor José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Rocío López, os grandes protagonistas bergantiñás foron Adán, Enrique, Lucía, María, Eva, Asier, Mía, Hugo, Alba, Carla, Jorge e Zaira, que actuaron como conselleiros do Espazo de Participación da Infancia e da Adolescencia municipal.

A súa invertención estivo centrada no dereito á protección e a prevención da violencia no ámbito do deporte e o lecer e realizada por Adán.

O acto celebrouse en torno ao do Día Mundial da Infancia, que se conmemora o 20 de novembro, coas fins de presentar as conclusións e puntos de vista máis relevantes do Manifesto elaborado no III Encontro Galego de Consellos Locais de Participación infantil e adolescente realizado recentemente poñendo o foco no dereito á protección e a non violencia, darlles a oportunidade aos representantes dos Consellos Locais de ser escoitados no espazo no que se debaten e deciden as políticas de interese para toda a cidadanía galega e de dar cumprimento ao Pacto Galego pola Infancia impulsado por UNICEF.

Máis novas

Comentarios