xoves. 23.01.2025
El tiempo

A Laracha adquire o conxunto das Torres de Cillobre, símbolo municipal

2024.12.18.- Torres de Cillobre
O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Patricia Bello, visitaron onte o conxunto
A Laracha adquire o conxunto das Torres de Cillobre, símbolo municipal

Nova aposta patrimonial do Concello da Laracha (como o son as accións no Castro de Montes Claros e o menhir de Erboedo), que vén de completar o proceso de expropiación do conxunto arquitectónico das Torres de Cillobre. O Concello vén de investir 54.000 euros para a ser propietario dos 2.655 m 2 do recinto, incluíndo a vivenda da torre, o muro perimetral e o hórreo anexo do complexo situado na parroquia de Torás.

Un feito histórico, pois Torres de Cillobre conforman un dos símbolos do Concello ao aparecer representadas no escudo municipal, o que pon de manifesto a súa relevancia histórica en especial durante a época feudal, na que pertenceron a familias nobres.

logo e escudo Concello Laracha

O rexedor López Varela lembrou que “as Torres de Cillobre xa se incluíran hai anos no Plan Especial de Patrimonio Cultural co obxectivo de garantir a súa máxima protección” e apuntou que, trala adquisición dos terreos, o Concello avanzará no deseño de actuacións para a súa posta en valor.


 

Máis novas

Comentarios