Sábado. 18.09.2021
El tiempo

Laracha afía o Plan de Igualdalde cunha enquisa

Laracha afía o Plan de Igualdalde cunha enquisa

Traballa o Concello da Laracha no seu terceiro Plan de Igualdade dos últimos 20 anos. Desta volta, o Concello está realizando unha enquisa entre a poboación para identificar posibles desigualdades, para poder deseñar mellor o novo Plan.

Para a realización da enquisa cóntase coa colaboración dos mozos e mozas que participan no programa de voluntariado xuvenil que organiza o Concello co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. As entrevistas á veciñanza comezaron hoxe e prolongaranse ata o 15 de setembro, período no que o voluntariado visitará as parroquias de Cabovilaño, Caión, Coiro, Montemaior, Lestón e Torás.

Obradoiro para Coidadoras

Coidar ás que coidan é a premisa do novo obradoiro que o Concello e a Fundación Mujeres –coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña- desenvolverán na Laracha.
O obradoiro constará de seis sesións que se impartirán os luns a partir do 13 de setembro en horario de 10:00 a 12:00 horas no centro sociocultural de Santa Margarida (antigo hospital dos peregrinos de Montemaior) ou de 16:00 a 18:00 horas no centro sociocultural de Lendo. A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no departamento de Servizos Sociais chamando ao 981612811.

comentarios