O BNG de Laxe afirma "estar marcando xa a axenda municipal"
O Grupo Municipal do BNG de Laxe presentará no pleno ordinario deste xoves, 26 de marzo, un amplo conxunto de mocións, rogos e preguntas. Un feito segundo o grupo simboliza que "o Bloque a única forza que está a traballar con rigor, planificación e defensa dos intereses da veciñanza fronte á evidente incapacidade de xestión do goberno local do PP".
Para os membros do grupo da oposición, "o BNG é quen está a marcar a axenda municipal, mentres o executivo continúa instalado na improvisación e no abandono das súas responsabilidades". Cristina Vázquez afirma rotunda que “o BNG é a única forza que traballa con propostas, planificación e defensa do interese común, fronte a un goberno do PP que continúa acumulando atrasos, improvisacións e falta de transparencia”.
E neste marco presentarán varias mocións. Unha esixindo a apertura e licitación do Punto de Atención á Infancia (PAI), que leva pechado desde 2019, malia estar rematado e equipado.
Outra para propoñer un Plan Estratéxico ante o eclipse solar do 12 de agosto de 2026, cun plan de mobilidade, tráfico e aparcamentos, outro sobre seguridade e emerxencias e outro de poio ao comercio e hostalería.
Ademáis, o BNG solicitará explicacións e accións inmediatas en asuntos que o PP leva meses atrasando: Fai un ano o pleno aprobou a moción do BNG para comezar os arreglos tan necesarios no colexio de Laxe CPIP Cabo da Area, único centro educativo actualmente no concello. O contido desta moción non só non se está poñendo en marcha se non que o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, recordoulle ao goberno municipal na súa visita que era competencia do Concello realizar esta actuación.
O BNG ven preguntando xa en varios plenos sobre se se atenderon ás demandas das familias de Traba que preguntan por que non se habilitan para o alumnado de ensino postbrigatorio as mesmas paradas xa existentes para primaria. Desde este grupo xa se solicitou formalmente e se está a traballar nunha iniciativa parlamentaria.
Ademais, presentarán outra moción preguntando sobre a instalación irregular da maquinaria da Biblioteca/Salón de Actos.
O grupo municipal denuncia ademais que o Concello continúa sen contestar peticións formais, tanto do BNG como da cidadanía.
O bloque de Laxe preguntará tamén sobre o apoio á comisión de festas e a instalación de WCs móbiles, as posibilidades de usos da antiga escola unitaria de A Torre, e sobre os pasos que deu o goberno para atender as demandas da veciñanza de Coens afectada pola posible reapertura de la mina nesa parroquia.


