A Laracha ampliará a área recreativa de Gabenlle nun 40%
Segue aumentando os bens municipais o Concello da Laracha vinculados con espazos singulares. Onte coñecíamos a adquisicón das Torres de Cillobre, e hoxe coñeceñmos a adquisición de dúas parcelas contiguas á fermosa área recreativa de Gabenlle.
Por apenas 15.500 euros, o Concello poderán ampliar nun 40% a superficie a área (as parcelas ocupan 4.178 m²) que van ser integradas nese ámbito de lecer para ampliar os espazos e habilitar novos equipamentos.
Unha das parcela adquiridas está situada xunto ao río Anllóns e conta con varios exemplares de piñeiros autóctonos. A outra finca localízase na parte traseira do ámbito que acolle actualmente tanto o parque biosaudable como os últimos merendeiros instalados polo Concello.
As iniciativas que se levarán a cabo nos próximos meses realizaranse no marco de Os fogóns do Anllóns, proxecto impulsado polos cinco concellos ribeiráns a través da área de Turismo da Deputación da Coruña e que forma parte do Plan Territorial de Sustentabilidade Turística de Enogastronomía de Galicia.