luns. 17.03.2025
El tiempo

A Laracha aproba os seus Orzamentos 2025 nun tenso pleno

Pleno orzamentos Concello da Laracha
Imaxe do pleno
A Laracha aproba os seus Orzamentos 2025 nun tenso pleno

Tenso pleno o vivido esta mañá de martes 18 de febreiro no Concello da Laracha. A moción principal era aprobación da proposta de Orzamentos para 2025 presentada polo grupo de goberno popular, se ben antes, o pleno tivo que. votar unha emenda presentada polo grupo socialista á totalidade das contas para incluír nas mesmas unha posible solución a continua problemática coa Policía Local.

A cousa xa viña xa tirante, pois o edil do PSOE José Suárez foi expulsado do Pleno tras ser chamado á orde polo alcalde. Non puido votar, de feito, a emenda do seu partido, que saíu rexeitada co único favorable da súa portavoz, Inés Ramos, ao absterse o grupo do BNG e posicionarse en contra o grupo do Goberno.

Saíu aprobada, gracias á maioría absoluta do PP, e co voto en contra do BNG (a portavoz do PSOE chegou a abandonar a sesión plenaria antes de procederse á votación) a proposta cos Orzamentos para o 2025, que podedes analizar nesta ligazón, e que se verán incrementados en 1,4 millóns de axudas do goberno central para o proxecto de rehabilitación do edificio de Servizos Múlliples.

O rexedor municipal subliñou a “cautela e precaución” coa que foron elaborados os orzamentos, e explicou que neste ano se retrasou a súa tramitación “por estar pendentes de obter información” de relevancia

Máis novas

Comentarios