Mércores. 20.01.2021
El tiempo

Laracha conta cun novo punto limpo móbil

  • Máis de 500 veciñ@s usaron o punto limpo da Laracha en 2020
A Xunta entrega ao Concello da Laracha o novo punto limpo móbil de recollida de lixo
A Xunta entrega ao Concello da Laracha o novo punto limpo móbil de recollida de lixo
Laracha conta cun novo punto limpo móbil

É máis doado levalo ao punto limpo que deixar ciscados por aí uns sofás. Pero se ademais, o punto limpo se traslada ata a túa casa, xa non temos excusa para deixar de converter cemiterios en vertedoiros.

O Concello da Laracha acaba de facerse cun novo punto limpo móbil, gracuas a unha achega da Xunta de máis de 58.000 euros a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co cargo ao programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Trátase dun camión de carga que será empregado como un punto móbil de recollida de residuos que dará servizo a todas as parroquias, moi parecido aos que xa teñen Muxía e Carballo.

Como usamos o punto limpo?

Non foron os 1.200 de 2019 polo evidente confinamento. Pero o volume de actividade no segundo semestre do Punto LImpo do Formigueiro foi semellante ao dos anos anteriores, sendo máis de 500 veciñ@s os que se achegaron ao punto coordinado pola Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber).

En concreto, foron 430 persoas as que acudiron ás instalacións do punto limpo no Formigueiro e outras 79 as que solicitaron o servizo de recollida de voluminosos a domicilio.

Estes son os datos ao detalle do recollido:

  • 11,5 toneladas de voluminoso, correspondendo máis da metade a colchóns e sofás.
  • 11 toneladas de aparellos electrónicos, equipos informáticos e electrodomésticos (televisores, frigoríficos, conxeladores, ordenadores, radios, etc).
  • 9 toneladas de restos de obras (tellas, metais, pintura, etc.).
  • 7,5 toneladas de madeira.
  • 457 quilos de vidro plano.
  • 600 quilos de aceites vexetais e minerais.
  • 358 quilos de plásticos duros (silo e invernadoiros).
  • 35 quilos de envases con restos de sustancias tóxicas ou perigosas.
  • 20 quilos fluorescentes desbotados.
  • 18 quilos de baterías e acumuladores.

Vidro e cartón

Aspaber tamén se encarga da recollida dos contedores azuis e dos iglús verdes en todo o termo municipal da Laracha. Neses recipientes –ademais das cantidades pouco significativas levadas directamente ao punto limpo- os laracheses depositaron en 2020 un total de 181 toneladas de envases de vidro e 109 toneladas de papel e cartón.

Información útil

Cabe lembrar que o punto limpo é un servizo totalmente gratuíto para os usuarios situado xunto á ponte do Formigueiro, moi preto do casco urbano da capital municipal. Está aberta ao público os luns, mércores e venres pola tarde e os sábados en horario de mañá. O servizo de recollida de voluminosos a domicilio tamén é gratuíto e pode concertarse cita poñéndose en contacto con Aspaber vía telefónica (981 70 26 06) ou por correo electrónico ([email protected]).

Novas relacionadas

comentarios