Mércores. 27.01.2021
El tiempo

Fotodesfeita: É máis doado levalo ao punto limpo

Fotodesfeita: É máis doado levalo ao punto limpo

Volve ser un Concello, como fixo hai pouco Vimianzo o que alza a voz polas verteduras incontroladas de mobles… O Concello da Laracha lamenta a imaxe detectada esta semana xunto ao cemiterio da parroquia de Erboedo, onde foron depositados tres sofás.

Aproveita o Concello larachés para lembrarlle á veciñanza que un horario importante no Punto Limpo do Formigueiro.
Entre os servizos gratuítos que se ofrecen a través do punto limpo está a xestión dos plásticos de orixe agrícola (silo e invernadoiros).

Ademais recorda que a cidadanía ten á súa disposición de xeito gratuíto a recollida domiciliaria de voluminosos. Cunha simple chamada a Aspaber (por vía telefónica nos 981971100 e 647763276; ou por correo electrónico ([email protected]) pódese concertar cita para que se lle recollan na porta da súa vivenda electrodomésticos, mobles ou calquera outro material de grandes dimensións que se precise desbotar.

Así mesmo, anuncian que adquirirán nos próximos días un camión de carga para empregalo como punto limpo móbil.

Novas relacionadas

comentarios