Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A Laracha convoca unha nova edición do certame de fotografía local

a laracha no obxectivo
A Laracha convoca unha nova edición do certame de fotografía local

O Concello da Laracha convoca a segunda edición do concurso de fotografía “A Laracha no obxectivo”, no que se convida a participar a veciños, visitantes, profesionais da fotografía e afeccionados de todas as idades.
A través deste certame preténdese recoller imaxes de calquera lugar do termo municipal da Laracha para destacar os seus atractivos, como poden ser o patrimonio material e inmaterial, as paisaxes, a etnografía rural, as aldeas, as xentes, etc.

O concurso dividirase en dúas modalidades e repartirá un total de 1.500 euros en premios.

Xa poden consultar as bases en alaracha.gal e presentar as súas imaxes ata o 30 de setembro.

Comentarios