A Laracha descubre os mamímeros e os cogomelos da contorna
- REPROGRAMADA A SAÍDA DE MAMÍFEROS AO 29 DE OUTUBRO
Dúas actividades cheas de natureza para as vindeiras fins de semana da Laracha.
Pegadas de mamíferos
O Concello e a Asociación Ambiental Senda Nova organizan o obradoiro de pegadas e indicios sobre a presenza de animais mamíferos no bosque que se vai realizar en Montemaior o sábado da próxima semana, día 22 de outubro. A iniciativa lévase a cabo no marco do programa Espías no bosque que financia a Deputación da Coruña.br/>O obradoiro vai dirixido a todos os públicos, principalmente a rapaces a partir de 8 anos de idade pero estando aberta a inscrición tamén para persoas adultas.
A xornada principiará ás 10:30 horas na escola de Cumiáns. Despois do xantar -que deberá levar cada participante-, farase unha saída ao campo a carón do río Bradoso. A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse a partir do luns no Concello. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de solicitude.
Xornadas micolóxicas
Ademais, para o día 30 hai programada unha saída micolóxica, que se fai en colaboración de Raquel Poncini e Pablo Cuadrado. O evento principiará ás 9:30 horas coa reunión das persoas participantes na área recreativa de Gabenlle.
O prazo de inscrición en As setas da Laracha xa está aberto. Apuntarse é gratuíto e pode facer neste formulario online.