Laracha executa 5 proxectos de mellora da súa eficiencia enerxética
Ata cinco proxectos ten en marcha o Concello da Laracha sobre eficiencia enerxética. O proxecto referido ao pavillón municipal, e máis o do Parque Empresarial da Laracha xa están completados, mentres que os outros tres proxectos (todos financiados co apoio do Instituto para la diversificación y ahorro de la energía (IDEA)), estarán listos en setembro.
Así, en estado de execución están:
- EDIFICIOS MUNICIPAIS: nos que están incluidos a Casa do Concello, Centro Sociocultural de Paiosaco, Edificio de Servicios Múltiples e a Biblioteca Pública Municipal, están nun 80% da súa execución.
- O correspondente ós NÚCLEOS URBANOS DE LARACHA, PAIOSACO e CAIÓN cun total de 1.397 luminarias atópase nun 80% da súa execución.
- E por último ó correspondente ós núcleos rurais, cun total de 2.493 luminarias, atópase no 60% da súa execución.
Os cinco proxectos están valorados nun total próximo aos 1,2 millóns de euros, dos cales o vinte por cento será financiando con fondos municipais. Estímase que o investimento que realizará o Concello estea amortizado nun breve prazo de tempo.
Polas súas características, estas actuacións teñen o dobre obxectivo da reforzar a aposta municipal pola redución das emisións e a loita contra o cambio climático ao diminuír o consumo eléctrico, o que tamén suporá adelgazar o gasto enerxético sen minorar a calidade do servizo.