Venres. 07.05.2021
El tiempo

A Laracha faise, por 8.000€, cos terreos do Menhir de Erboedo

Alcalde e concelleira de Cultura Patricia Bello xunto ao menhir de Erboedo
O Alcalde López Varela e a concelleira de Cultura Patricia Bello xunto ao menhir de Erboedo
A Laracha faise, por 8.000€, cos terreos do Menhir de Erboedo
Mentres semella que avanza definitivamente o proxecto do Parque do Megalitismo da Costa da Morte, os concellos participantes van facendo os seus deberes, que son a adquisión dos terreos onde se atopan os tesouros patrimoniais. É o caso da Laracha, que xa en xaneiro anunciaba a compra dos terreos do Menhir de Erboedo, a través dunha expropiación ratificada na Xunta de Goberno do pasado venres, unha vez superado o período de información pública ao que estivo sometido o documento durante un mes.

O Concello investirá 8.000 euros na adquisición dunha superficie de 4.651 metros cadrados -repartidos en tres parcelas catastrais e cualificadas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como solo rústico de protección integral de patrimonio e solo rústico de protección forestal ou de montes- co propósito de preservar o valor histórico do que é un dos elementos máis importantes do patrimonio arqueolóxico municipal.

O menhir de Erboedo, o Menhir, coñecido como marco da Anta ou pedra do ghicho, está datado na Idade de Bronce.

Plan Especial de Patrimonio Cultural

O Concello lembra que o Plan Especial de patrimonio Cultural ten como obxectivo de ofrecerlle a máxima protección a este menhir e a outros seis elementos do catálogo de patrimonio municipal –Castro de Montes Claros, Castro da Pena, Croa de Santa Baia, as Torres de Cillobre e os dous Fornos dos Mouros de Soandres- e posibilitar a súa adquisición para conservalos e poñelos en valor.

Novas relacionadas

comentarios