Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Deputación e 10 concellos intentan o impulso definitivo ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte tras 20 anos de promesas

Nova reunion de alcaldes sobreo Parque do Megalitismo da Costa da Morte abirl 2021
Nova reunión este luns de alcaldes sobre en Carballo para impulsar o Parque do Megalitismo da Costa da Morte
A Deputación e 10 concellos intentan o impulso definitivo ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte tras 20 anos de promesas
Foi en 2001 cando arrincaba o proxecto do Parque do Megalitismo da Costa da Morte. Hai 20 anos que arrincaba un proxecto que hoxe está máis preto. Despois do parón provocado pola pandemia, a Deputación, como nos contaba en decembro, vén de retomar a iniciativa que comezaba en 2018 para poñer en valor 14 dólmenes e 2 menhires da Costa da Morte.

Fíxoo cunha reunión entre vicepresidente e deputado de Plans Provinciais e Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, cos representantes dos 10 concellos implicados (Laracha, Cabana, Carballo, Dumbría, Laxe, Malpica, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo e Zas) celebrada no Forum Carballo.

A primeira aprobación foi a do orzamento de 350.000 € aprobado para xa mesmo para completar a compra de dolmens e menhires catalogados no territorio do parque. Como se acordou en anteriores xuntanzas, serán os propios municipios os que teñen que facer a tramitación de compra ou expropiación dos bens patrimoniais que serán adquiridos desta maneira co financiamento da Deputación por medio medio de convenios con cada un dos concellos.

Ademais da compra de patrimonio, o Comité de Dirección avanzou na necesidade de concretar un plan de sinalización de recursos ao tempo que se desenvolve o proceso de compra de terreos, divulgación e pequenas obras para favorecer a accesibilidade universal.

”Queremos retomar con forza os traballos de consolidación do Parque do Megalitismo que experimentará un importante avance este ano coa adquisición de bens patrimoniais claves para o proxecto", sinalou Xosé Regueira.

Outra das decisións tomadas na reunión foi a renovación na presidencia do Comité de Dirección do proxecto, que pasa de Dumbría a Laxe.

O Parque

Son máis de 300 as mámoas, dolmens e outras construcións funerarias catalogadas na comarca. O Parque Arqueolóxico porá o foco en 14 dolmens: Pedra Moura de Aldemunde en Carballo; Casa dos Mouros en Dumbría-Vimianzo, A Fornella dos Mouros en Laxe; Pedra da Arca en Malpica; Mina da Parxubeira en Mazaricos; Pedra Moura de Monte Carnio, Pedra Cuberta, Casota de Berdoias, Arquiña de Vilaseco, Pedra de Lebre ou de Serramo, Mina de Recesindes, Rabós en Vimianzo; Pedra Vixía e Arca da Piosa en Zas. 
Tamén serán tidos en conta o Menhir de Erboedo na Laracha e O Fuso da Moura en Ponteceso.
Dombate terá o seu propio Plan Director.

Novas relacionadas

Comentarios