A Laracha faise, por 8.000€, cos terreos do Menhir de Erboedo
O Concello investirá 8.000 euros na adquisición dunha superficie de 4.651 metros cadrados -repartidos en tres parcelas catastrais e cualificadas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como solo rústico de protección integral de patrimonio e solo rústico de protección forestal ou de montes- co propósito de preservar o valor histórico do que é un dos elementos máis importantes do patrimonio arqueolóxico municipal.
O menhir de Erboedo, o Menhir, coñecido como marco da Anta ou pedra do ghicho, está datado na Idade de Bronce.
Plan Especial de Patrimonio Cultural
O Concello lembra que o Plan Especial de patrimonio Cultural ten como obxectivo de ofrecerlle a máxima protección a este menhir e a outros seis elementos do catálogo de patrimonio municipal –Castro de Montes Claros, Castro da Pena, Croa de Santa Baia, as Torres de Cillobre e os dous Fornos dos Mouros de Soandres- e posibilitar a súa adquisición para conservalos e poñelos en valor.