venres. 18.04.2025
El tiempo

A Laracha incorpora 3 novos axentes da Policía Local

Edificio Administrativo da Laracha-Policia Local
Edificio Administrativo da Laracha onde ten a sede a Policía Local
A Laracha incorpora 3 novos axentes da Policía Local

O Concello da Laracha, vén de incorporar tres auxiliares de Policía Local que prestarán servizo durante un período de seis meses, coincidindo coa época na que se celebran a maior parte dos eventos multitudinarios no termo municipal, tales como as celebracións patronais nas parroquias e as Festas de Interese Turístico (Feira das Cereixas de Paiosaco e Romaría dos Milagres de Caión), e tamén no momento do ano no que a presenza de persoas é maior polo interese turístico de espazos como a praia de Caión, a área recreativa de Gabenlle e os entornos fluviais.

Os auxiliares de Policía Local contribuirán en labores como ofrecer unha mellor atención á cidadanía, reforzar a seguridade nos eventos públicos e regular o tráfico.

Máis novas do asunto

Comentarios