Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Laracha medra coa pandemia

Vista aerea de Caion-Foto-TurismoLaracha
Vista aérea de Caión-Foto-Turismo Laracha
Laracha medra coa pandemia

Curiosos os datos do padrón municipal que presenta o Concello da Laracha. O Concello bergantiñán suma este mes de setembro un total de11.544 persoas empadroadas, 128 persoas que o pasado mes de marzo. En apenas sete meses rexistráronse 254 altas (das cales 208 foron por cambio de residencia e 43 por nacementos) e 126 baixas (78 por cambio de residencia e 46 por defuncións).

Unha reflexión que invita a pensar que o rural máis urbanizado é unha boa oportunidade neste cambio de era. A situación xeográfica da Laracha, as súas oportunidades laborais, as boas comunicacións rodadas, a calidade dos entornos rurais e urbanos, o prezo da vivenda, e cobertura en servizos e os programas de conciliación da vida persoal, laboral e familiar poden ser causas deste aumento poboacional.

Debullando os datos

O 51,81% (5.866) son mulleres e o 49,19% (5.678) son homes.

Por núcleos de poboación, as zonas urbanas foron as máis escollidas polos novos habitantes. Na vila da Laracha empadroáronse 151 persoas, 34 en Paiosaco e 23 en Caión. No rural chama a atención que desde marzo se deran de alta na parroquia de Cabovilaño a cifra de 54 persoas e os 39 novos veciños da parroquia de Vilaño.

Como datos de interese, na pirámide poboacional do Concello da Laracha reflíctese que a franxa de idade con maior número de habitantes é a que vai dos 40 aos 49 anos, con 2.054 persoas. Ademais hai 881 nenos menores de dez anos de idade e soamente catro persoas que superan o século de vida (tres mulleres e un varón).

Salientar, tamén, que entre a poboación larachesa hai 319 habitantes procedentes de 34 países estranxeiros diferentes, estando á cabeza Marrocos (70 persoas), Portugal (39), Brasil (30) e Italia (18).

Novas relacionadas

Comentarios