Luns. 29.04.2024
El tiempo

Laracha organizou o seu pleno

2023.06.26.- Pleno organización Concello Laracha
Laracha organizou o seu pleno

Celebrouse onte o pleno da creación da nova Corporación municipal da Laracha, para formalizar aorganización do Goberno municipal eada estrutura interna do funcionamento dos diferentes órganos colexiados durante o mandato que acaba de comezar.

A primeira das decisións foi a de realizar os plenos no último xoves (antes eran os venres) de cada mes impar, ás 13:30 horas. Unha medida criticada polo BNG que consideran o horario “un impedimento para que boa parte da cidadanía poida asisitir como público ás sesións, o cal vai en detrimento da democracia participativa en cando ao coñecemento das decisións que alí se toman”.

As Concellería

O Concello terá unha organización de goberno similar á do mandato anterior, estruturada no Alcalde (José Manuel López Varela) e en catro concellerías delegadas -inicialmente, con dedicación exclusiva só para as tres primeiras-:

  • José Ramón Martínez Barbeito manterase como concelleiro delegado das áreas de Persoal, Medio Ambiente, Servizos Municipais, Feiras e Mercados.
  • Patricia Bello Canedo seguirá como edil delegada en materias de Ensino, Cultura, Deportes, Xuventude, Turismo e Festas.
  • Rocío López Rey continuará ostentando as delegacións en Sanidade, Servizos Sociais, Igualdade, Emprego e Promoción Económica.
  • Pablo Cambón Bértoa asumirá Patrimonio, Obras e Urbanismo.

Ademais, José Ramón Martínez Barbeito repetirá como primeiro tenente de alcalde e Alberto Blanco Veiga será o segundo.
Precisamente sobre “o nomeamento de dous homes como tenentes de alcalde”, o BNG sinala que a decisión “pon de manifesto que non se acadou a igualdade real entre homes e murelles dentro do grupo de goberno”.

Comisións

Haberá dúas Comisións Informativas Permanentes: a de Asuntos Económicos, Facenda e Especial de Contas e a de Asuntos Xerais do Pleno. En ambos casos estarán integradas por membros dos tres grupos políticos da Corporación proporcionalmente á súa representatividade: 7 do grupo do PP, 2 do BNG e 1 do PSOE.
Nomeouse como membros da Xunta de Goberno a José Ramón Martínez Barbeito, Alberto Blanco, Almudena Martínez, Verónica Pérez e Juan Carlos Amado (os tres últimos, formarán parte deste órgano por primeira vez ao tratarse de novos concelleiros), todos eles do grupo municipal do Partido Popular.

Comentarios