Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Laracha ponse a 30 e pregunta polas peaxes

a 30 km-h
A Laracha ponse a 30 e pregunta polas peaxes

Doble nova relacionada coas vías de comunicación chegan hoxe dende Laracha. Por unha banda, o Concello informa sobre a posta en marcha da rebaixa de velocidade máxima permitida en zonas urbanas, como obriga o goberno. Pola outra, o BNG pregunta polas peaxes.

A 30 km/h ou a 50 km/h?

Trala entrada en vigor da novas limitacións de velocidade nos núcleos urbanos establecidas pola Dirección General de Tráfico, no marco da iniciativa “Cidades 30” (que pode reducir a siniestralidade nas vilas, e sobre todo a mortalidade dos accidentes), Laracha informa das novidades arredor da limitación, diferenciando entre Travesías Urbanas e rúas.

Deste xeito, o límite de velocidade continuará sendo de 50 km/h para as seguintes vías:

Núcleo urbano de A Laracha:
- Avenida Fisterra.
- Avenida Doutor López Astray.
- Avenida de Caión.
- Rúa Santa Lucía.

Núcleo urbano de Paiosaco:
- Avenida Bergantiños.
- Rúa Porta Santa.
- Rúa Eduardo Pondal (estrada de Caión).

Núcleo urbano de Caión:
- Avenida da Laracha.

Polo resto das estradas das vilas da Laracha, Paiosaco e Caión só se poderá circular a 30 ou 20 km/h.

Peaxes

Mentres, o BNG da Laracha vén de presentar unha moción para debater no pleno para “amosar a rotunda oposición da Corporación Municipal da Laracha á intención do goberno central de establecer peaxes nas autovías de titularidade estatal, por considerala unha medida regresiva que establece barreiras económicas no acceso a servizos básicos como son as infraestruturas viarias”.

Igualmente a moción pretende que o pleno inste á Xunta “á redución e paulatina eliminación das peaxes da AG 55 E AG57, de titularidade da administración galega, polo agravio que supón para as persoas residententes e empresas das respectivas comarcas polas que transcorre”.

Comentarios