Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Laracha ponse a andar

Folleto A Laracha Activa copia
Folleto de A Laracha Activa
A Laracha ponse a andar

En marcha un novo programa de andainas guiadas dirixido a todos os públicos e no que se realizarán tres das rutas do proxecto A Laracha Activa.

A primeira será o domingo 24 de outubro con “O sentir de Soandres”. Nesta ruta de case 16 quilómetros de distancia e que parte desde o mosteiro de San Pedro, coñecerase a riqueza arqueolóxica da parroquia visitando o dolmen do Forno dos Mouros, a Pedra da Cabirta, as mámoas de Silvoso e do coto de Altamira e diferentes penedos graníticos de gran tamaño. O Concello porá a disposición dos participantes o transporte en autobús ata A Laracha para regresar tras rematar cada ruta e tamén para acudir ao punto de partida na primeira delas, que é a única que non comeza na capital municipal.

O domingo seguinte (31 de outubro) será a quenda para a Ruta de Caión: Porta da Costa da Morte. Trátase dunha ruta lineal de algo máis de 12 quilómetros que percorre os antigos camiños de peregrinación, desde a Praza do Concello ata o Santuario de Nosa Señora dos Milagres, e remata na praza Eduardo Vila Fano de Caión.

A última andaina será practicamente un mes despois, o 28 de novembro, cunha adaptación da ruta 360º Á Laracha duns 10 quilómetros desde a capital municipal ata o miradoiro de Santa Marta.

En todos os casos a inscrición é gratuíta e requírese cubrir o correspondente formulario na web municipal www.alaracha.gal desde cada xoves.

Comentarios