Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A Laracha prepara un novo Programa Integrado de Emprego para axudar na inserción a 100 persoas

2022111811081372990
Imaxe da entrega de diplomas do programa do ano pasado
A Laracha prepara un novo Programa Integrado de Emprego para axudar na inserción a 100 persoas

Importante o compromiso do Concello da Laracha coa inserción socio-laboral. O Concello vén de conseguir unha nova subvención de 220.000 euros da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o financiamento íntegro dun novo programa integrado de emprego.

O programa intentará alcanzar as 50 insercións acadadas o ano pasado, se ben o obxectivo principal é chegar ao 41%.

O programa terá unha duración de doce meses, irá dirixida a persoas residentes no termo municipal da Laracha e que se atopen en situación de desemprego.
En total serán cen os participantes, dando preferencia a determinados colectivos (persoas con discapacidade, menores de 30 anos con baixa cualificación, maiores de 45 anos, mulleres, desempregados de longa duración e perceptores de subsidios por desemprego ou renda activa de inserción social).

Durante o programa os participantes poderán gozar de medidas de axuda á conciliación que porá a súa disposición o Concello. Ademais, pola asistencia a cada acción formativa percibirán unha bolsa diaria de 10 euros.

Como inscribirse

Nos próximos días o Concello emitirá a oferta de emprego público ao Servizo Público de Emprego de Galicia que, unha vez realizadas as pertinentes sondaxes, procederá a citar aos posibles aspirantes.

Aquelas persoas interesadas en participar poden ampliar información na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local situada no Edificio Administrativo da Laracha (Avenida Fisterra, 60).

Comentarios