Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Laracha presenta dous novos programas de emprego para a mocidade

Recepción no Concello
Imaxe da recepción municipal á rapazada do Les Sables d’Olonne
A Laracha presenta dous novos programas de emprego para a mocidade

Na última reunión da Xunta de Goberno Local acordouse presentar á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia un novo proxecto de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil que o Concello pretende organizar co dobre obxectivo de mellorar a formación profesional dos mozos incluídos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e realizar obras e actuacións de interese xeral en infraestruturas, equipamentos e espazos públicos. Baixo a denominación A Laracha coa xuventude II, o programa deseñado polo Concello pretende a posta en marcha de dúas especialidades con dez alumnos traballadores en cada unha delas.

Unha das especialidades é a de limpeza en espazos públicos e instalacións, que contempla intervencións en diferentes localizacións do concello con lavado a presión e fregado de vías públicas e a limpeza de instalacións municipais, mobiliario urbano e sumidoiros, entre outros labores.

A outra especialidade é a de mantemento de xardíns, á que se encomendarían traballos de acondicionamento e restauración de zonas verdes por exemplo na urbanización Montesclaro, no entorno do centro social de Paiosaco, no Paseo marítimo de Caión.

Tamén solicita o Concello o Obradoiro de Emprego Dual A Laracha IX para persoas desempregadas, co que pretende a contratación de 20 persoas, 10 por especialidade durante 9 meses. Durante ese período o alumnado-traballador ademais da obrigada formación teórica realzarán actuacións de cada especialidade. No caso de especialidade de traballos de carpintería e moble se actuará no paseo de Gabenlle, na fabricación de mobiliario exterior diverso como Mesas, cadeiras, mesas pícnic, na fabricación dunha caseta para servizo de socorrismo, entre outras actuacións. No caso da especialidade de Pintura industrial en construción as actuación serán por exemplo os vestiarios dos campos de fútbol de Paiosaco e Torás, o IES Agra de Leborís entre outras.

Recepción

O Concello da Laracha está irmandado co municipio francés de Les Sables d’Olonne nunha iniciativa que se marcou como finalidade esencial a realización de programas conxuntos relacionados coa cultura, o deporte, o turismo e o coñecemento dos idiomas que beneficiasen á poboación de ambas localidades.

Onte o Concello recibiron aos rapaces participantes e ao profesorado que organizan a iniciativa. Nesta ocasión son quince os estudantes franceses e dúas mestras os que están a desfrutar dunha estancia dunha semana na Laracha, que rematará o vindeiro domingo.
No mes de maio, do 13 ao 20, serán os rapaces laracheses o os que visitarán Les Sables d´Olonne.

Comentarios