A Laracha recolle a historia das súas telleiras
Continuando co programa de actos en torno á presentación do libro "As telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño" que se realizou o pasado sábado, o baixo da biblioteca municipal da Laracha acollerá unha exposición de fotos antigas relacionadas con esa industria no
municipio.
Compoñen a mostra máis de sesenta imaxes, todas elas recollidas no libro, nas que son protagonistas tanto os espazos dos que se extraía o barro como a actividade para a elaboración das tellas, con moito peso tamén para os empresarios e os traballadores dese sector.
Cada fotografía vai acompañada dun texto explicativo da mesma para ofrecer aos visitantes unha información concisa pero detallada dos documentos.
A exposición poderase visitar desde este mércores 2 e ata o día 15 de outubro, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 h pola mañá e de 17:00 a 20:00 h pola tarde, con entrada gratuíta.