Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Laracha recupera 73 topónimos

O Concello completa a instalación das placas coas numeracións definitivas en todas as vivendas de núcleos rurais de Caión
As novas placas numéricas das casas de Caión
A Laracha recupera 73 topónimos

73 novos topónimos son ingresados no padrón municipal da Laracha, para adaptarse ao total 311 de núcleos de poboación laracheses existentes no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). No caso de Caión, a parroquia conta agora con nove topónimos, dos cales tres (Alvite, Cima de Vila e O Pazo) foron incluídos no padrón grazas a esta iniciativa.

Un proxecto integral de recuperación patrimonial, no que afondaremos, que se completa coa instalación das placas numéricas. As últimas en colocarse, as 169 vivendas que se sitúan en entidades de poboación rurais da parroquia de Caión.

A instalación destas placas trátase da parte final da iniciativa impulsada polo goberno local e dirixida a recuperar a totalidade dos topónimos, o que tamén implica unha renumeración das vivendas do rural regresando ao ordenamento antigo (anos ‘90) que era máis óptimo e acorde ao correcto emprazamento de cada casa, e o reempadronamento dos veciños nos núcleos afectados.

Coiro e Montemaior xa recuperaron os seus nomes, e a seguinte será Vilaño, cuxo proxecto xa está redactado. Nesta parroquia incorpóranse ao padrón 16 topónimos, que sumados aos 22 xa existentes dan un total de 38. Instalaranse placas en 405 vivendas.
Paralelamente está en fase de redacción o proxecto correspondente a Cabovilaño, onde a previsión é alcanzar os 44 topónimos e colocar preto de 500 placas.

Comentarios