Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Laracha saca peito dos seus Obradoiros de Emprego

Laracha saca peito dos seus Obradoiros de Emprego

36 alumn@s fórmanse cobrando un soldiño como traballadores nos Obradoiros de Emprego que se desenvolven en Laracha, impulsados polo propio Concello e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Por unha parte está o Obradoiro de Emprego A Laracha V, que consta de dúas especialidades (carpintería de madeira e pintura industrial) conta con dez alumnos-traballadores en cada unha delas.
Pola outra banda, está o obradoiro A Laracha polo emprego xuvenil, cun total de dezaséis alumnos-traballadores (oito na especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e outros oito, na de traballos de carpintería e moble).

A especialidade de carpintería de madeira xa realizou melloras nos bancos dos pavillóns polideportivos municipais da Laracha e de Caión e, unha vez rematados os traballos na Casa da Cultura, realizarán e instalarán novos bancos de madeira no paseo marítimo de Caión. Outras instalacións públicas que son obxecto de actuación dos obradoiros son a Casa do Concello, edificio administrativo, pavillóns e paseo marítimo de Caión.

Axuda no fogar

Anunciaba ademais o Concello a apertura da licitación do novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). 30 días teñen as empresas para presentar ofertas a un orzamento que ronda o millón de euros.
O novo adxudicatario deberá subrogarse en todos os dereitos e obrigas do persoal vinculado actualmente á prestación do servizo no Concello da Laracha.

Comentarios