A Laracha e Santa Comba, pioneiros na campaña de mellora do uso do contedor amarelo
10:54 16/02/22
Incrementar nun 10% a recollida de residuos do contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) é o obxectivo da nova campaña “Únete ao reto” de Ecoembes. 13 concellos entre os que se atopan A Laracha e Santa Comba, participan como pioneiros nesta iniciativa. O que máis recible levará un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social.
A campaña arrincará este 1 de marzo e rematará o 31 de maio, e toda a sociedade terá que participar.