Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Laracha unirase a Arteixo para acoller un novo Obradoiro de Emprego e traballar sobre o Castro de Montes Claros

Imaxe do grupo de voluntariado que traballa estes días no Castro de Montes Claros
Laracha unirase a Arteixo para acoller un novo Obradoiro de Emprego e traballar sobre o Castro de Montes Claros

Apenas uns días despois do peche da anterior edición, a Laracha, como tamén fixeron Dumbría, Cee e Corcubión e Vimianzo, Muxía e Camariñas, anuncia que será sede doutra nova edición destas iniciativas formativas.

Durante o curos 22-23, a Laracha sumará con Arteixo un novo Obradoiro, que durará 12 meses e que ofrecerá unha profesión a 20 alumn@s traballadores. O orzamento total será de 640.000 euros, dos que A Laracha terá que aboar 86.000€.

Nesta ocasión o programa consta de dúas especialidades con dez alumnos traballadores en cada unha delas –vinte en total- máis as cinco persoas que comporán o equipo directivo, formativo e administrativo. A especialidade que realizará as intervencións no termo municipal da Laracha e a de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, sendo o seu punto de actuación exclusivo o Castro de Montes Claros. Os labores que se realizarán terán por finalidade a posta en valor do xacemento e do seu entorno, respectando o valor arqueolóxico e preparándoo para un desenvolvemento ecolóxico e práctico. Continuando coas intervencións realizadas nos anos anteriores, a intervención centrarase na limpeza da croa, reducindo a presenza de especies vexetais invasoras (fundamentalmente, os rebrotes de eucalipto) e potenciando as autóctonas como os castaños e carballos, aos que se aplicarán tratamentos de enxerto e poda.

A cuarta actuación no castro neste ano será a segunda fase da escavación arqueolóxica prevista para iniciarse a finais de setembro.

En próximas datas iniciaranse os procesos selectivos. As persoas que desexen optar a un dos postos de alumnos-traballadores deben estar empadroadas nos termos municipais da Laracha e Arteixo, atoparse en idade laboral e estar inscritas na súa oficina de emprego de referencia como demandantes de emprego e, ademais, como interesadas en participar en programas formativos como este obradoiro.

Novas relacionadas

Comentarios