Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra terán un novo Obradoiro de Emprego

Rutas guiadas polo Obradoiro de Emprego
Imaxe das rutas guiadas organizadas polo último obradoiro de Emprego da zona
Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra terán un novo Obradoiro de Emprego

O Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor V xa está en marcha. A Xunta, trala celebración da entrega de diplomas, enviaba a confirmación ao Concello de Dumbría de que lle outorna 503.000€ para a organización dun novo obradoiro dual que formará, con soldo, a 20 persoas durante 12 meses.

Neste caso, as especialidades serán de “Xardinería e Restauración da Paisaxe” e outro combinado de “Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais” e “Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización”.

Comentarios