Martes. 11.05.2021
El tiempo

A Laracha volve lembrar a obritagoriedade de manter limpas as parcelas forestais en solo urbano

z
Parcela particular en Lestón sen xestionar a biomasa
Parcela particular en Lestón sen xestionar a biomasa nunha imaxe do ano pasado
A Laracha volve lembrar a obritagoriedade de manter limpas as parcelas forestais en solo urbano

A Laracha é un dos Concellos que están traballando para facer cumprir a Lei do Solo de Galicia, en relación aos traballos de prevención contra os incendios forestais nas parcelas situadas nos núcleos de poboación. Unha Lei que establece a obrigatoriedade de manter en óptimas condicións de conservación os solares e fincas situados preto das vivendas.

Dende hai varios anos o Concello da Laracha desenvolve unha campaña informativa sobre estas cuestións, con especial incidencia na primavera e no verán por tratarse das épocas de maior crecemento da biomasa.

En base aos informes da Policía Local, nos próximos días iniciaranse o envío dos requirimentos aos titulares de fincas que incumpren a normativa, para requirir aos seus propietarios a execución das actuacións correspondentes á maior brevidade.

Notificacións que deixan claro que o incumprimento pode acarrear sancións, e que o Concello poderá executar susidiariamente os traballos de limpeza e despois trasladarlle os gastos aos propietarios. En calquera caso, dende o Concello esperan colaboración veciñal.

Novas relacionadas

comentarios