Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Concello de Camariñas xa envía os primeiros expedientes por non manter limpas as fincas forestais

Parcela de Camarinas antes e despois da sua limpeza
Parcela de Camariñas antes e despois da súa limpeza
O Concello de Camariñas xa envía os primeiros expedientes por non manter limpas as fincas forestais

Dá resultado a campaña de información que o Concello de Camariñas está realizando para cumplir a Lei de Prevención de Incendios de Galicia. Camariñas é un dos poucos concellos da comarca que está traballando polo seu cumplimento, e así o ratifican as 620 parcelas que foron revisadas durante o no 2020 polo servizo de prevención e limpeza de montes municipal. A meirande parte delas foron limpadas polos seus propietario.

Ata marzo de 2021 o servizo municipal continuará revisando novas zonas e parcelas e tamén realizará o seguimento daquelas faixas que foron notificadas para que se axusten a lei de prevención e defensa contra incendios forestais.

Apertura de expedientes

O Concello iniciou xa a notificación de expedientes aos propietarios infractores das fincas nas que se efectuou unha comunicación previa pero non realizaron a xestión de bioma e retirada de especies arbóreas prohibidas, que deberán en 15 días executar estas obrigas.

Lembrase ademais que o 31 de maio do 2021, como cada ano, os propietarios/as deben ter xestionadas as parcelas ubicadas nas faixas secundarias arredor dos núcleos ou das vivendas illadas. O servizo municipal de planificación preventiva e limpeza de montes está a disposición destes propietarios para asesorar, informar e facilitar a execución desta obriga.

Novas relacionadas

Comentarios