Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Laracha volve loitar contra a invasión dos plumachos

Eliminación plumachos nos montes de Caion
Eliminación plumachos nos montes de Caión
Laracha volve loitar contra a invasión dos plumachos

Poucas administracións fan nada para erradicar o avance incontrolado de especies invasoras como o plumacho. A herba da Pampa (o nome científico é cortaderia selloana) medra por todas partes, nas medianas das autopistas, nos bosques…

E malia que na Laracha a presenza dos plumachos non é elevada, nos últimos anos si detectaron matas desta planta en determinados espazos de dominio público e tamén en terreos particulares que é preciso eliminar para evitar a súa expansión.

Así o entendde o Concello larachés, que estes días envía ás cuadrillas medioambientais municipais, do mesmo xeito que no ano pasado por estas datas, actuarán durante os próximos días na retirada dos plumachos localizados en espazos de dominio público. Así mesmo, tamén realizarán esas mesmas actuacións en terreos privados sempre que o autoricen os propietarios.

Ademais, piden á veciñanza que informe ao Concello se ve algunha mata.

comentarios