Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A larachesa María Rei Vilas gaña o Premio de Novela García Barros

A escitora da Laracha Maria Rei Vilas
A escitora da Laracha María Rei Vilas
A larachesa María Rei Vilas gaña o Premio de Novela García Barros

O xurado do XXXII Premio de Novela “Manuel García Barros (Ken Keirades)” escolleu como gañadora deste 2020 a obra Flores de ferro, de María Rei Vilas. A escritora, natural da Laracha, leva así un importante premio convocado pol Concello da Estrada, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, que ten unha dotación de 9.000€ e a publicación na colección de Literaria da editorial.

A novela fala dunha muller que, nos anos 80, volve ás terras onde pasou a infancia aló pola Guerra Civil, para recuperar as súas orixes, recuperar a súa identidade. “A orixinalidade radica tanto na estrutura narrativa ambiciosa que acompaña o crebacabezas persoal; coma na dosificación da intriga que anima a lectura”.

Rei Vilas é colaboradora da Federación de ANPAS da Coruña-Costa da Morte, e percorreu a bisbarra dando charlas contra a LOMCE, ademais de participar no Camiño Sen Límites.

Comentarios