En marcha o programa de voluntariado xuvenil na Laracha

Xa está en marcha o programa de voluntariado xuvenil que organiza o Concello co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
Oito mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos forman parte deste iniciativa, a través da que durante os próximos meses participarán como persoal de apoio aos técnicos especializados nas diferentes actividades municipais de tipo cultural, social, educativo, deportivo, xuvenil, medioambiental e de promoción do benestar das persoas maiores e da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Os voluntarios, que foron recibidos polo concelleira de Xuventude, Patricia Bello, para explicarlles o funcionamento do programa e recoller o material, recibirán a orientación, a formación e o apoio necesarios para o exercicio da súa actividade. Ao rematar a participación entregaráselles un certificado oficial que acreditará a súa colaboración e recoñecerá o seu valor social. Tamén percibirán unha compensación económica para cubrir os gastos de manutención e transporte.
O propósito final é fortalecer a aprendizaxe dos voluntarios e reforzar os seus valores solidarios.