Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Nadal Cultural da Laracha inclúe 7 espectáculos para o público infantil

O xurado tamén escolleu os gañadores dos certames de postais e de contos de Nadal
O Nadal Cultural da Laracha inclúe 7 espectáculos para o público infantil

O programa de Nadal do Concello da Laracha mantén viva a aposta pola cultura infantil. Así, se durante esta e a semana pasada houbo actuacións nos centros de ensino, a cargo da compañía costeira Talía teatro, seguirá habendo cousas que facer durante as vacacións.

A primeira das obras de teatro que se realizarán irá dirixida ao público xuvenil e adulto (maiores de doce anos de idade). Trátase de “Soa”, que pon en escena a actriz Rogelia dos Outeiros. Será este domingo (20 de decembro) a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura da Laracha.

Os demais eventos serán todos dirixidos ao público infantil, cos seguintes contidos, datas, horarios e lugares de celebración:

PROGRAMACIÓN NADAL  Laracha 2020

En todos os casos a entrada é de balde ata completar a capacidade máxima da sala e deberanse cumprir todas as medidas de prevención (uso de máscara, hixiene das mans, etc). Debido a que o aforo é moi limitado, en todos os eventos infantís só se permitirá o acceso de nenos sen acompañamento de adultos no interior.

Cabalgata dos Reis Magos

As especiais circunstancias deste ano obrigan a modificar a tradicional cabalgata, que incluía festa infantil no pavillón do IES Agra de Leborís e concentración dos nenos cos Reis Magos nos tres núcleos urbanos que neste ano non se poderán levar a cabo.

Nesta ocasión realizarase un percorrido por todas as parroquias do municipio os días 4 e 5 de xaneiro. Deste xeito, os nenos poderán ver aos Reis Magos nas súas carrozas polas rúas tanto da zona urbana como dos principais núcleos rurais.

Concurso de postais

Técnicos municipais e representantes dos colexios CEIP Otero Pedrayo da Laracha, CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e CEIP de Caión formaron o xurado do mítico xa certame de postais de Nadal.
Os doce premios outorgados polo xurado serán entregados aos gañadores este mércores (23 de decembro) na Casa da Cultura. Estes foron os gañadores:

Categoría A (educación infantil)
• Aula de 6ºA do CEIP Otero Pedrayo
• Aula de 4º e 5º do CEIP de Caión
• Aula de 4º do CEIP Alfredo Brañas

Categoría B (primeiro ciclo de educación primaria)
• Andrea Regueira Cotelo (2º do CEIP Alfredo Brañas)
• Adrián Cambón Andrade (2º do CEIP de Caión)
• Lucía Lamas Pérez (1º do CEIP Otero Pedrayo)

Categoría C (segundo ciclo de educación primaria)
• Noa González Pena (3º do CEIP de Caión)
• Adriana Lareo Balado (3º do CEIP de Caión)
• Román González Otero (3º do CEIP Alfredo Brañas)

Premiados no Concurso de Contos (dirixido a estudantes do 3º ciclo de primaria)
• Mauro Regueira Caamaño (6º do CEIP Otero Pedrayo) por O espíritu do Nadal
• Marcos Rodríguez Pérez (5º do CEIP Alfredo Brañas) por Una navidad diferente
• Zaira Lorenzo Rodríguez (5º do CEIP Alfredo Brañas) por Os xoguetes non teñen xénero

Comentarios